InicioSociedadeA Xunta enxalza as permutas voluntarias de terreos como ferramentas para transformar...

A Xunta enxalza as permutas voluntarias de terreos como ferramentas para transformar o sector primario

Esta ferramenta permitiu "mellorar de forma exponencial" a produtividade destas áreas grazas a que "non existen problemas nin de identificación da titularidade do parcelario, nin necesidade de máis infraestruturas viarias".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta enxalzou en Friol as permutas volutantarias de terreos, figura incluída na Lei de recuperación de terra agraria, como ferramentas para transformar o sector primario.

Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante o seu encontro este mércores con veciños de Friol que se benefician da permuta dunhas 400 hectáreas de terreos.

Este sistema de movilizacón de terras serán declaradas “de especial interese agrario”, o que suporá “distintas vantaxes” a nivel notarial, ademais de abrir a porta a recibir asesoramento e mediación pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Segundo recolle un comunicado de Medio Rural, neste municipio lugués puxéronse en marcha tres proxectos de animación de reestruturación da propiedade a través destas permutas voluntarias.

A primeira fase consistiu na ordenación dos terreos a través dun proxecto piloto no que colabora o Concello de Friol, a quen González agradeceu a súa implicación.

Este ano 2023 botará a andar un cuarto proxecto de cooperación que consistirá en pór en funcionamento este sistema en tres zonas piloto con características diferentes. Neste caso, o importe da axuda ascende a 117.000 euros.

O conselleiro resaltou que esta permuta de terras caracterízase por ser “acordos entre propietarios de perdios rústicos” que intercambian os seus terreos de forma “consensuada, bilateral e mutua”.

Segundo González, esta ferramenta permitiu “mellorar de forma exponencial” a produtividade destas áreas grazas a que “non existen problemas nin de identificación da titularidade do parcelario, nin necesidade de máis infraestruturas viarias”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...