InicioMedioambiente e PatrimonioJosé Tomé sae ileso tras chocar cun xabarín pero o coche quedou...

José Tomé sae ileso tras chocar cun xabarín pero o coche quedou “sinistro total”

O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, pide á Xunta "políticas de control" deste animal tras sufrir un accidente de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou este venres á Xunta de Galicia que implemente “políticas de control” da poboación de xabaríns, unha petición que traslada tras sufrir el mesmo un accidente cun destes animais o pasado luns.

Tomé apelou a que “unha alta porcentaxe” dos sinistros na provincia de Lugo, concretamente “máis dun 60 por cento”, foron provocados por animais. En base a iso, reivindicou “políticas de control” non só de porcos bravos, senón tamén de corzos. “Posiblemente sexa necesario que desde a administración, neste caso autonómica, que é a que ten as competencias, se fagan políticas de control destes animais que andan polos nosos montes“, explicou.

O presidente da Deputación sufriu un accidente o pasado luns, día 23 de xaneiro, impactando contra un xabaril no corredor que vai de Chantada a Monforte á altura do concello do Saviñao.

Foi sobre as 19:30 horas da tarde, cando regresaba “só” a Monforte –municipio do que é alcalde– no seu “coche particular”. “Cando empezaba a baixar desde Escairón a Monforte cruzouse un grupo de ¡xabaríns e un deles impactou contra o coche, sen tempo a reaccionar”, relatou.

Afortunadamente, a el non lle pasou máis nada cunha ferida nun dedo, pero o coche “quedou sinistro total e non vale para arranxar”, describiu finalmente José Tomé.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...