InicioTerra CháAbadínFalece María Rancaño, fundadora da queixería de Gontán orixe da marca galega...

Falece María Rancaño, fundadora da queixería de Gontán orixe da marca galega Lácteos Lorán

A impulsora deste negocio, que segue en mans da familia e se expandiu no mercado tras ampliar as súas liñas de produción, faleceu este martes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

María Rancaño Fernández faleceu aos 95 anos na súa casa de Gontán, en Abadín, onde no ano 1976 puxo en marcha unha quesería xunto co seu marido, José López, tamén falecido xa, que sería a orixe dunha marca recoñecida en Galicia: Lácteos Lorán.

A impulsora deste negocio, que segue en mans da familia e se expandiu no mercado tras ampliar as súas liñas de produción, faleceu este martes.

Ten catro fillos e un deles, José López Rancaño, é alcalde de Abadín desde o ano 1983. A fundadora de Lácteos Lorán será enterrada na localidade lucense da Pontenova.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...