InicioSucesosDeixa inconsciente a un home tras golpealo cun botella de cervexa para...

Deixa inconsciente a un home tras golpealo cun botella de cervexa para roubarlle

O delincuente foi, posteriormente, detido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional, adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, detiveron a un home por un delito de roubo con violencia, ao abordar por detrás na madrugada do 6 de xaneiro cun botello de cervexa.

Concretamente, segundo explican fontes policiais, os feitos ocorreron na Avenida de Ramón Ferreiro, cando a vítima, que camiñaba en dirección á rúa Mariña Española sobre as 6,00 horas, foi abordado por detrás e recibiu “un forte golpe na cabeza, propinado polo agora detido, cun botello de cervexa”.

A vítima quedou inconsciente no lugar e tivo que ser atendido polo 061 e Radiopatrullas, e non recordba o sucedido. Máis tarde, unha vez asistido no Hospital Lucus Augusti, botou en falta a carteira que contiña os seus documentos e diñeiro en metálico que retirara no caixeiro pouco antes, xunto cos cartóns.

Así, presentou unha denuncia en dependencias policiais, que permitiron verificar que o autor deste roubo con violencia, tamén cometeu un delito de lesións nun local de lecer da rúa Tui esa mesma noite, feito polo que tamén é detido. Así, tras ser localizado, foi detido o día 23. As dilixencias foron trasladadas a dependencias xudiciais correspondente para pasar a disposición do xuíz.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...