InicioSociedadeA Deputación de Lugo activa un operativo de seguridade viaria ante a...

A Deputación de Lugo activa un operativo de seguridade viaria ante a previsión de xeadas

entraranse sobre todo en esparcir sal no firme daquelas vías que está catalogadas "como de risco en formación de placas de xeo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo activou un operativo de seguridade viaria ante a previsión de xeadas pola baixada de temperaturas. Os traballos, explicou a institución provincial, arrincarán este sábado pola tarde e centraranse sobre todo en esparcir sal no firme daquelas vías que está catalogadas “como de risco en formación de placas de xeo”.

Para estas funcións, a Deputación detallou que dispón de 420 toneladas de sal de mina nos 12 silos que ten distribuídos por toda a provincia. Estes depósitos atópanse en Ourol, O Valadouro,Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil.

Así mesmo, o Plan de Vialidade Invernal da administración provincial pon a disposición dos concellos da provincia sae de mina para que poidan atender aos problemas que se produzan nas estradas municipais debido ás condicións meteorolóxicas adversas.

A Deputación tamén lembrou nunha nota de prensa que todos os municipios que necesiten abastecerse de fundibles por razóns de urxencia deberán dirixir unha solicitude previa ao Coordinador de Emerxencias da Rede Viaria Provincial co obxectivo de dar unha resposta “eficaz e adecuada” a cada unha das peticións, así como “facer un control ordenado dos recursos”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...