Familiares de persoas con trastornos de conduta alimentaria crearon ‘Retómate‘, un grupo de apoio a quen padecen este tipo de problemas, relacionados coa autopercepción e a distorsión da imaxe corporal, como a anorexia e a bulimia.
María Miragaya é unha das fundadoras desta iniciativa e aclara que non son “especialistas nin expertas na materia” senón “só unha familia que cando hai dous anos coñeceu en primeira persoa o TCA non atopou o apoio que necesitaba”.
“Se alguén ten na súa familia un caso e quere charlar, preguntar ou sentirse acompañada tomando un café, aquí estamos”, resumiu María Miragaya sobre cal é o obxectivo de ‘Retómate’.
O primeiro encontro con familias afectadas por algún trastorno da conduta alimenticia será este sábado 21 de xaneiro. “Desde as once da mañá estaremos no Centro Uxío Novoneyra esperando a todas as persoas que queiran coñecernos e saber máis de nós”, explicou.
A través da conta de Instagram que crearon, “Retómate”, comparten cos seus seguidores e co resto da sociedade reflexiones, problemas e circunstancias coas que se han ido topando por mor de estar en contacto coa enfermidade.
Nas súas redes falan de casos de persoas tan recoñecidas como a xogadora da selección española de rugby, María Losada, a cantante española Ruth Lorenzo ou a artista internacional Demi Lovato.
Miragaya subliña a súa intención de facer de “este proxecto algo máis grande a futuro”. Tanto ela como a súa nai e irmá esperan que esta sexa a primeira pedra de algo “máis forte” co que “poder facer presión para que desde a Sanidade pública destínense máis recursos ao tratamento deste problema, para poder atender a máis persoas e dunha mellor forma”.