InicioSociedadeNace 'Retómate', grupo de apoio para persoas con transtornos de conduta alimentaria

Nace ‘Retómate’, grupo de apoio para persoas con transtornos de conduta alimentaria

O primeiro encontro con familias afectadas por algún trastorno da conduta alimenticia será este sábado 21 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Familiares de persoas con trastornos de conduta alimentaria crearon ‘Retómate‘, un grupo de apoio a quen padecen este tipo de problemas, relacionados coa autopercepción e a distorsión da imaxe corporal, como a anorexia e a bulimia.

María Miragaya é unha das fundadoras desta iniciativa e aclara que non son “especialistas nin expertas na materia” senón “só unha familia que cando hai dous anos coñeceu en primeira persoa o TCA non atopou o apoio que necesitaba”.

“Se alguén ten na súa familia un caso e quere charlar, preguntar ou sentirse acompañada tomando un café, aquí estamos”, resumiu María Miragaya sobre cal é o obxectivo de ‘Retómate’.

O primeiro encontro con familias afectadas por algún trastorno da conduta alimenticia será este sábado 21 de xaneiro. “Desde as once da mañá estaremos no Centro Uxío Novoneyra esperando a todas as persoas que queiran coñecernos e saber máis de nós”, explicou.

A través da conta de Instagram que crearon, “Retómate”, comparten cos seus seguidores e co resto da sociedade reflexiones, problemas e circunstancias coas que se han ido topando por mor de estar en contacto coa enfermidade.

Nas súas redes falan de casos de persoas tan recoñecidas como a xogadora da selección española de rugby, María Losada, a cantante española Ruth Lorenzo ou a artista internacional Demi Lovato.

Miragaya subliña a súa intención de facer de “este proxecto algo máis grande a futuro”. Tanto ela como a súa nai e irmá esperan que esta sexa a primeira pedra de algo “máis forte” co que “poder facer presión para que desde a Sanidade pública destínense máis recursos ao tratamento deste problema, para poder atender a máis persoas e dunha mellor forma”.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...