InicioTerra CháBegonteBegonte volve á normalidade aínda que hai veciños que non puideron regresar...

Begonte volve á normalidade aínda que hai veciños que non puideron regresar ás súas casas

O temporal Fien tamén fixo estragos no sistema de calefacción dalgunhas de vivendas e "os afectados aínda continúan aloxados en casa de familiares".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Begonte, José Ulla, constatou este venres unha melloría “clara” das condicións meteorolóxicas e indicou que, aínda que “o caudal do río está máis alto de normal por mor das choivas, que non cesaron, non hai perigo para a poboación”.

Así as cousas, sinalou que os veciños que tiveron que ser desaloxados das súas vivendas pola inundación das mesmas puideron xa empezar a regresar aos seus fogares, aínda que non todos o fixeron.

O temporal Fien tamén fixo estragos no sistema de calefacción dalgunhas de vivendas e “os afectados aínda continúan aloxados en casa de familiares”. O Concello xa anunciou a articulación dun sistema de axudas para os habitantes de Begonte que visen as súas vivendas alagadas.

Espera que os “seguros cubran practicamente todo”, pero “non quita que como institución haxa a obrigación moral de axudar dentro das nosas posibilidades aos afectados”.

O rexedor, José Ulla, explicou que aínda non hai nada firme, pero que se valoran “entre os 400 e os 500 euros por familia afectada”. En canto aos tempos, apuntou que “aínda é pronto, pero traballarase para que sexa canto antes”.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...

Lugo Monumental celebra a súa asemblea anual reelixindo a Luis Latorre como presidente

Lugo Monumental celebrou o martes día 3 de febreiro ás 16:00 a súa asemblea...