InicioSucesosPiden 42 meses de cárcere para un home por corrupción de menores

Piden 42 meses de cárcere para un home por corrupción de menores

Tamén está acusado dun delito continuado de agresión sexual a menor de 16 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por outra banda, o Xulgado do Penal nº1 de Lugo acolle este xoves, 19 de xaneiro, ás 09,30 horas, un xuízo a un home acusado dun delito de corrupción de menores e outro continuado contra a indemnidad sexual dunha menor de 16 anos. A Fiscalía pide para el tres anos e medio de prisión.

Segundo o escrito de acusación, os feitos coñecéronse por mor dunha investigación sobre delitos contra a liberdade sexual en 2016, cando Xulgado de Instrución nº 2 de Lugo autorizou o rexistro do domicilio do acusado, onde atoparon diversas probas gráficas do suposto delito.

Rexistrouse tamén a empresa de electrodomésticos propiedade do acusado, onde tamén se interviñeron diferentes probas, segundo apunta o Ministerio Fiscal. Ao mesmo tempo, sinalan, entre agosto e novembro de 2015 o acusado utilizou unha aplicación de mensaxería instantánea para contactar coa menor e intercambiar material de carácter sexual.

O escrito recolle ademais que, por sentenza do 30 de xaneiro de 2018 da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, o acusado foi condenado por un delito continuado de agresión sexual a menor de 16 anos, con prevalimento de parentesco e superioridade, dous delitos de agresión sexual a menor de 16 anos, tamén con prevalimento de superioridade e un delito de violencia psíquica no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...