InicioLugo e contornaLugoA limpeza de grafitis e debuxos levoulle ao Concello de Lugo 245...

A limpeza de grafitis e debuxos levoulle ao Concello de Lugo 245 días e 37.000 euros en 2022

No centro histórico suprímense de forma periódica tres veces ao ano, independentemente de que o pidan os propietarios ou non.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Lugo está a realizar un intenso labor de limpeza das pintadas en rúas, fachadas e mobiliario urbano da cidade, “actos de vandalismo e feísmo que nada teñen que ver coa arte urbana”, que o consistorio si “potencia”, e que supoñen tanto un “dano á imaxe” da cidade como un “alto custo económico para as arcas municipais”, explica o edil Miguel Fernández.

Tan só no 2022, o Concello de Lugo gastou preto de 37.000 euros na eliminación de pintadas, e dedicáronse a estes traballos 245 días, polo que o concelleiro apela ao civismo da cidadanía para que se actúe “co máximo respecto e apego pola cidade”.

Fernández denunciou o aumento deste tipo de actos, aos que a concellaría está a realizar un seguimento coa Policía, “polo que, se os veciños teñen algunha idea sobre a autoría, pedímoslle que nolo faga saber”. “Moitas das pintadas levan a mesma firma”, indica o concelleiro, que lembra que estas accións que danan e deslocen os bens públicos e privados constitúen unha infracción e levan aparelladas sancións de ata 600 euros.

Nas pintadas en bens públicos pódese actuar con maior rapidez, sinala o edil, mentres que cando son en edificios e vivendas privados debe primeiro solicitalo a propiedade ao Concello, o que implica un procedemento máis lento. A única excepción é o Centro histórico, onde se suprimen de forma periódica tres veces ao ano, independentemente de que o pidan os propietarios ou non.

O concelleiro lembra que o executivo de Lara Méndez ten a disposición da cidadanía un servizo gratuíto de limpeza de fachadas, que atendeu 118 demandas, co fin de manter unha imaxe pulcra da cidade.

Para mellorar o borrado, o novo servizo de limpeza da cidade, LuceLugo, incorporará en breve maquinaria con vapor, que permitirá maior axilidade e un mellor resultado.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...