InicioSociedadeO xefe da Policía Local de Lugo, condecorado coa Cruz ao Mérito...

O xefe da Policía Local de Lugo, condecorado coa Cruz ao Mérito Militar que concede Defensa

Lara Ménder sinala que "desde o seu nomeamento é manifesta a melloría que experimentou o servizo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Defensa concedeu ao xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro, a Cruz ao Mérito Militar con distintivo branco a proposta da Subdelegación de Defensa en Lugo.

Este recoñecemento outórgaselle en atención aos méritos e circunstancias que concorren no Intendente Xefe e “pola excelente colaboración e apoio do Corpo tanto coa propia Subdelegación de Defensa como coas forzas armadas”.

Segundo informou o Concello de Lugo, a alcaldesa, Lara Méndez, aproveitou este martes a reunión semanal coa Policía Local para trasladar as súas felicitacións a Jesús Piñeiro pola concesión desta nova insignia. Á súa vez, destacou o labor que desenvolve á fronte do corpo de policía local.

“Desde o seu nomeamento é manifesta a melloría que experimentou o servizo, froito tamén da incorporación de máis medios e efectivos e da cobertura dos postos de mando pero, sobre todo, do excelente traballo de quen os lidera e asume a súa organización nun clima de diálogo e entendemento permanente, non só co propio Concello, senón tamén a nivel colaborativo co resto de forzas de seguridade que operan no municipio e na provincia”, afirmou a alcaldesa.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...