InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo anuncia un investimento de case 5 millóns para...

A alcaldesa de Lugo anuncia un investimento de case 5 millóns para mellorar as conexións na contorna da intermodal

Segundo o Concello de Lugo, a Administración galega accedeu a sufragar parte do seu importe, "detraendo da partida que ía asignar ás tarefas de acondicionamento da contorna".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou este luns un investimento municipal de 4,7 millóns para mellorar a urbanización e conexións entre Paradai e Sacro Corazón, na contorna da estación intermodal.

A rexedora puxo o foco en que a creación do paso inferior “redundará na permeabilidade transversal urbana”, terminando con “o illamento no que se mantiñan desde hai anos estes dous barrios”, mentres que a urbanización e remodelación do viario e os accesos rodados na zona comprendida entre a Praza Conde Fontao, a rúa Alta e o parque do Sacro Corazón redundarán na seguridade viaria e na fluidez do tráfico, pero tamén “na accesibilidade de todo o enclave e na mellora dos servizos”.

Así, desa parte do proxecto, orzado en 11.687.163 euros, o Concello de Lugo achegará 4.674.865 millóns.

Tras as negociacións mantidas entre o Goberno central e o autonómico para custear o aparcadoiro enterrado das instalacións, apunta o Concello de Lugo, a Administración galega accedeu a sufragar parte do seu importe, “detraendo da partida que ía asignar ás tarefas de acondicionamento da contorna”, uns labores “en cambio, nas que si colaborou en Ourense, nunha porcentaxe do 65%”.

Para o novo paso inferior que conectará ambos os lados da canle ferroviaria e, con relación ao tramo que discorra baixo dominio público ferroviario, Adif outorgará unha concesión administrativa, sen custo, en favor do concello, por un período máximo de 75 anos. A administración local, pola súa banda, terá, entre outros deberes, a conservación e mantemento das infraestruturas resultantes e realizará, igualmente, unha reorganización no transporte urbano para garantir a adecuada conectividade da nova área intermodal.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...

Cinco detidos por subtraer un vehículo e por dous roubos con forza en Negreira e Lugo

A Garda Civil informou da detención de cinco persoas como presuntos autores de dous...