InicioLugo e contornaInterceptan a un vehículo circulando a 214 km/h na A-54 ao seu...

Interceptan a un vehículo circulando a 214 km/h na A-54 ao seu paso por Lugo

A Garda Civil detectou un vehículo circulando a 214 km/h na A-54, ao seu paso por Lugo. Foi interceptado na área de servizo da A-6 no Corgo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detectou un vehículo circulando a 214 km/h na A-54, ao seu paso por Lugo. Foi interceptado na área de servizo da A-6 no Corgo. Segundo explican nun comunicado, os feitos tiveron lugar ás 13,15 horas do venres, na autovía A-54, á altura do quilómetro 14,100, dentro do termo municipal e partido Xudicial de Lugo.

Un cinemómetro da Garda Civil captou a un turismo circulando a unha velocidade de 214 km/h, cando a velocidade máxima no lugar é de 100 km/h, velocidade específica para o tramo de vía.

Tras a constatación do exceso de velocidade identificouse o condutor na área de servizo da A-6 no Corgo, que resultou ser un veciño da Rioxa, de 35 anos de idade, imputándoo en calidade de investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva, confeccionando as oportunas dilixencias para o Xulgado de Instrución de Garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...