InicioSociedadeA "inflacción desbocada" provoca que máis de 6.000 persoas vaian ao Banco...

A “inflacción desbocada” provoca que máis de 6.000 persoas vaian ao Banco de Alimentos de Lugo

"É unha auténtica barbaridade", di a presidenta do Banco de Alimentos que pide máis axuda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de seis mil persoas acudiron esta semana, o martes, ao Banco de Alimentos, o que provoca que se resinta polas reservas de cara ao futuro máis inmediato. A presidenta do Banco de Alimentos, Amadora Núñez, constatou que foi unha constante o de que vaia “moitísima xente”, mesmo se atreve a destacar que foi “incrible”.

“Non sei que vai pasar. O martes houbo xente, voluntarios esporádicos e unha desas voluntarias saíu de alí chorando”, expuxo sobre esa masiva presenza que se podería repetier este venres, neses dous días á semana que abre.

Tanto é así que calcula que foron “ao redor do seis mil persoas”, nas dúas sedes con que conta este banco, na cidade de Lugo e tamén na Mariña. “Foron en torno, ou máis de seis mil persoas, o que, desde logo, é unha auténtica barbaridade. Unha verdadeira animalada”, lamentou Amadora Núñez.

En canto a reservas de alimentos, puntualizou que “de momento hai”, aínda que recoñeceu que a este “ritmo pódense acabar” enbreve. “Eu pídolle á xente que bote unha man, non xa para exquisiteces, senón para contar con arroz, pasta ou fariña“, reivindicou, e non tanto leite “porque as empresas lácteas están a envorcarse”, agradeceu.

E esta avalancha de persoas atribúea á inflación “desbocada” e así expuxo que “cos prezos que teñen nos supermercados, é unha auténtica burrada”. Dispáranse as cifras en canto a demandantes de alimentos, por canto o Banco de Lugo adoitaba atender a un dous mil persoas nas dúas sedes con que conta.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...