InicioSociedadeLara Méndez insta á Xunta a retirarlle as prestacións sociais aos 'gorrillas'...

Lara Méndez insta á Xunta a retirarlle as prestacións sociais aos ‘gorrillas’ do HULA

Anuncia a creación dun segundo "leiraparking".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, instou á Xunta a “revisar” as prestacións sociais que, di, perciben os ‘gorrillas’ que operan nas inmediacións do Hospital Lucus Augusti (HULA).

Este venres, a rexedora luguesa remarcou que o goberno local está “comprometido” con combater estes episodios que, ao seu xuízo, están derivados dos prezos “tan altos” do aparcadoiro na zona, algo do que responsabiliza á Administración autonómica. Neste sentido, manifestou que o concello continuará “incidindo no control e na vixilancia” na zona, onde se están producindo “tres denuncias cada dous días”, ou que “mostra o compromiso claro e decidido” do seu goberno.

Así mesmo, avanzou a creación de “un segundo” espazo de aparcadoiro –bautizado como ‘leiraparking’-– para “habilitar máis espazos e que teñan máis comodidades tanto os usuarios que se achegan ao HULA, non só da cidade, senón de toda a provincia”.

“Seguiremos esixindo á Xunta que manifeste ese compromiso con Lugo e atenda as peticións que se lle fan desde a Alcaldía”, aseverou Méndez, que pide á Administración galega que leve a cabo a “revisión” de prestacións como a Risga que poidan percibir as persoas que levan a cabo estas prácticas .

“Hai que incidir na seguridade, pero tamén habilitar instrumentos administrativos para que poida ter unha consecuencia e así sensibilizar de que iso non é unha actividade e non se pode exercer como tal”, expuxo. Para a rexedora, “unha mostra gráfica desa situación é que os propios facultativos teñen que facer uso dos aparcadoiros municipais porque non teñen eses espazos destinados para tal fin”, lamentou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...