InicioEconomíaBoas previsións para os hostaleiros de Lugo na campaña de Nadal grazas...

Boas previsións para os hostaleiros de Lugo na campaña de Nadal grazas ás ceas de empresa e despedidas de ano

O presidente da Federación de Hostalaría de Galicia e de Lugo, Cheché Real, asegurou que "as reservas para restaurantes van moi ben, con muchascenas de celebracións de empresa e despedidas do ano".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hostaleiros de Lugo prevén unha “boa” campaña de Nadal, así como de fin de ano, en base aos rexistros de reservas para ceas de empresas e despedidas de ano, de familias e “cuadrillas” de amigos.

Así, o presidente da Federación de Hostalaría de Galicia e de Lugo, Cheché Real, asegurou que “as reservas para restaurantes van moi ben, con muchascenas de celebracións de empresa e despedidas do ano”.

“Polo número de reservas que teñen os establecementos de cara ao Nadal, a liña que leva é a mesma. Parece que nos recuperamos porque tiñamos medo pola subida da enerxía e dos carburantes, a inflación, que á fin e ao cabo nos afecta a todos”, secundou.

Real congratulouse de que “a tendencia é que se retoman as celebracións, as despedidas e tamén esperamos que o lecer nocturno teña un bo tirón”.

Outro aspecto que puxo en valor é o que ten que ver “coa ocupación hoteleira, mesmo de lucenses de toda a provincia que veñen de fóra e veñen a Lugo a pasar o Nadal aquí”.

En canto á ocupación, Cheché Real destacou que “a que houbo na ponte (Constitución) roldou o 80 por cento en Ribeira Sacra, o 75 por cento en Lugo capital e o 65 por cento na Mariña”.

Desta forma subscribiu que “se a tendencia segue sendo esta, a ocupación que se prevé en Nadal para a provincia de Lugo vai ser tamén magnífica”.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...