InicioCulturaAberta a licitación de dous libros sobre o patrimonio románico da provincia...

Aberta a licitación de dous libros sobre o patrimonio románico da provincia de Lugo

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, resaltou que o románico en Lugo "é dos máis importantes de España e tamén de Europa, tal e como demostra o feito de que a provincia forme parte desa ruta cultural europea, a ruta Trasrománica do Consello de Europa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou tras a xunta de goberno, que se celebrou este venres, que deu luz verde á licitación da edición de dúas novas publicacións sobre o patrimonio románico da provincia.

Así se trata de contratar a edición “de dúas publicacións sobre o patrimonio románico, co que imos seguir contribuíndo á promoción da provincia como un factor importante para dinamizar a actividade turística”. “Dáse así continuidade a un proxecto que iniciamos hai un ano”, subliñou.

Editaranse “mil exemplares dunha guía sobre o románico da comarca da Ulloa e outro mil exemplares dunha guía centrada no románico na zona dos Ancares e O Courel, así como 2.000 dípticos complementarios a estas publicacións”.

“Hai un ano presentamos en Chantada unha guía sobre o románico da Ribeira Sacra, que era o que daba inicio a este proxecto que tivo unha excepcional acollida e foi moi demandada. Naquel momento xa avanzamos que se trataba da primeira dunha serie de publicacións coas que queriamos abarcar a totalidade da provincia”, puntualizou.

O autor “destas guías ilustradas” é Miguel Mendoza que conta con fotografías de Pepe Tejero e Roberto Díaz e “están editadas en galego, castelán e inglés”.

“Con este proxecto pomos en valor un patrimonio que é todo un sinal de identidade e un poderoso reclamo turístico a nivel europeo”, esgrimiu García Porto.

A portavoz do goberno provincial resaltou que o románico en Lugo “é dos máis importantes de España e tamén de Europa, tal e como demostra o feito de que a provincia forme parte desa ruta cultural europea, a ruta Trasrománica do Consello de Europa”.

Para completar a dita colección só quedaría “un tomo” que se corresponde coas comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña, e que está previsto acometerse o próximo ano.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...