InicioSociedadeO pai de Desirée Leal irá a xuízo en decembro por ameazas...

O pai de Desirée Leal irá a xuízo en decembro por ameazas á actual parella da nai e asasina da súa filla

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Manuel Leal, o pai de Desirée, a nena de sete anos asasinada pola súa nai en Muimenta (Cospeito, Lugo) en maio de 2019, irá a xuízo en decembro por ameazas á actual parella da condenada, Ana Sandamil, que se atopa en prisión.

O pai confirmou que o xuízo “será en decembro”, aínda que asegura que “non é o que máis” lle “preocupa”. Son unhas ameazas que nega e polas que o noivo da nai de Desirée “levou a dúas testemuñas que tamén testificaron a favor da asasina”.

“Xa no seu día declararon a favor da asasina, e agora declararon a favor dese individuo. É non ter corazón. Non houbo ameazas, o que fan é máis dano do que xa hai”, lamentou.

XUÍZO

José Manuel Leal confesou que “a espera” sobre a resolución do xuízo do asasinato da súa filla se lle fai longa, por canto está pendente de que se resolva o recurso que presentou Ana Sandamil ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) á condena a prisión permanente revisable que lle impuxo a Audiencia Provincial de Lugo tras o veredicto de culpable que emitía un xurado popular.

José Manuel Leal xustificou este atraso de máis dun mes porque “estarán a revisar toda a causa, porque hai unha chea de declaracións e de documentación”. “Claro que a espera se fai longa, pero non queda máis remedio que esperar e se rectifique a prisión permanente revisable para ese monstro“, que é como describe Leal á que fose tamén a súa parella.

A pequena Desirée falecía por asfixia, logo dunha inxesta de medicamentos, o tres de maio de 2019, na casa da nai en Muimenta, o mesmo día que o pai a tiña que recolleLA para pasar o fin de semana xuntos.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...