InicioPolíticaLara Méndez pedirá o apoio da Xunta para que Lugo sexa sede...

Lara Méndez pedirá o apoio da Xunta para que Lugo sexa sede da Axencia Pública de Saúde cunha carta a Rueda

"Agora mesmo ábrese un debate porque desde o Goberno central se aposta pola descentralización, que é bo e positivo; e ao final queremos todos acoller estas axencias", manifestou Méndez este venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, enviará unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co fin de lograr o apoio do Goberno galego á candidatura da cidade para converterse en sede da Axencia Estatal de Saúde Pública.

Esta semana, os plenos do concello e da Deputación de Lugo aprobaron mocións de apoio a esta candidatura, que o goberno local quere agora que reciba a lombeirada da Administración autonómica.

“Agora mesmo ábrese un debate porque desde o Goberno central se aposta pola descentralización, que é bo e positivo; e ao final queremos todos acoller estas axencias”, manifestou Méndez este venres.

A rexedora apuntou que, en virtude das competencias que ten a Xunta en materia sanitaria, é necesario que a candidatura de Lugo reciba o respaldo do Executivo autonómico.

Así, Lugo propón a creación dunha comisión de traballo entre as administracións implicadas para traballar na candiatura, para a que pide o apoio “explícito” do presidente galego.

Por outra banda, lamentou que o PP reclame ao goberno local “o compromiso” con esta posibilidade “cando realmente quen ten realmente a capacidade de presentar a candidatura é a Xunta”.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...