InicioSucesosUn accidente en Begonte deixa tres feridos logo de envorcar un camión...

Un accidente en Begonte deixa tres feridos logo de envorcar un camión que transportaba madeira na A-6

O camión acabou envorcado despois do impacto contra unha furgoneta. En total, resultaron feridos os condutores de ambos os vehículos e outra persoa que viaxaba na furgoneta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de circulación provocado por un camión que transportaba madeira e que envorcou en Begonte cando circulaba pola A-6.

O sinistro produciuse ás 16,30 horas no punto quilométrico 525 da A-6 á altura da parroquia de Baamonde, segundo informaron os servizos de emerxencias.

O camión acabou envorcado despois do impacto contra unha furgoneta. En total, resultaron feridos os condutores de ambos os vehículos e outra persoa que viaxaba na furgoneta.

A carga do camión quedou esparexida pola vía, polo que o tráfico viuse afectado. Está previsto que un guindastre retire o camión accidentado, que invadiu os dous carrís da circulación en sentido A Coruña.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...