InicioPolíticaO BNG critica o proxecto para construír vías de servizo aos lados...

O BNG critica o proxecto para construír vías de servizo aos lados da N-6 en Outeiro de Rei: “Dividirá a poboación en dous”

Néstor Rego preguntará ao Goberno sobre o proxecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visitou Outeiro de Rei e desde alí avanzou que presentará iniciativas para coñecer a posición do Goberno central sobre o proxecto de construción de vías de servizo a ambos os dous lados da N-6 elaborado polo Concello, dirixido polo PP.

Para Rego, o plan do goberno local suporá “dividir en dous a poboación e deixar os veciños sen alternativas de paso”, o que levaría tamén, segundo denuncia, a destrución de edificios públicos e vivendas.

“Rexistramos preguntas no Congreso para coñecer a opinión do Goberno do Estado sobre o proxecto formulado polo Concello de Outeiro de Rei. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana debe explicar se comparte e apoia esta idea ou está ao lado do conxunto dos veciños que se mostraron contrarios”, insistiu.

O partido nacionalista reclama a humanización da estrada para dotala de beirarrúas adecuadas, senllas peonís e equipamento necesario para mellorar a seguridade, como rotondas, semáforos e sinalización. Así mesmo, unha vez finalizada a obra, o Bloque aposta pola transferencia do tramo urbano ao Concello.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...