InicioSociedadeA Deputación de Lugo busca eliminar eivas no rural como a discriminación...

A Deputación de Lugo busca eliminar eivas no rural como a discriminación por orientación sexual

Entre outras cousas, a Deputación de Lugo tamén se sumou este mércores aos actos conmemoratiros polo Día Mundial contra o Cancro de Mama organizados na Praza Maior de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo reivindicou este mércores as necesidades específicas do rural en problemas como a discriminación por orientación sexual ou a violencia de xénero que “son máis difíciles de afrontar nas contornas rurais”.

Así o sinalou a deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, durante a súa participación no I Foro de Identidades e Disidencias Sexuais de Galicia, organizado polo Consello da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

“Levamos anos insistindo na necesidade de incorporar a perspectiva de xénero ás políticas públicas, á xustiza, ao emprego ou aos servizos sociais, pero tamén é imprescindible incorporar a perspectiva do mundo rural a este tipo de debates, porque en moitas ocasións, o discurso sobre inclusión e diversidade faise en clave urbano, de grandes cidades, e todos sabemos que problemas como a violencia de xénero ou a discriminación por orientación sexual, por citar dous exemplos, son aínda máis difíciles de afrontar en contornas rurais”, expuxo Loureiro.

Por iso, destacou a necesidade de seguir traballando para sensibilizar aos concellos na atención ás persoas LGTBIQA+ e tamén de recuperar e reforzar a sanidade e a educación no rural porque “uns servizos públicos infradotados, sobrecargados, onde faltan especialistas” non poden “atender ben” aos cidadáns “e non van dispor de recursos, tempo ou sensibilidade para atender as demandas do colectivo LGTBI”.

Entre outras cousas, a Deputación de Lugo tamén se sumou este mércores aos actos conmemoratiros polo Día Mundial contra o Cancro de Mama organizados na Praza Maior de Lugo.

ÚLTIMAS

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...