InicioSucesosDetidos os dous pais dun neno de dous anos que deambulaba de...

Detidos os dous pais dun neno de dous anos que deambulaba de madrugada por Lugo

A Policía apunta que os dous proxenitores mostraban signos de embriaguez e o menor foi posto a cargo da súa tía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo por abandono de menor de idade aos dous pais dun neno de dous anos que se atopaba deambulando polas rúas de Lugo de madrugada. Os proxenitores, segundo informa o corpo de seguridade, foron atopados en estado de embriaguez.

Os feitos foron comunicados a través da sala do 091, á que diferentes veciños avisaron dun menor andando só pola rúa. Así, a Policía Nacional activou un operativo de procura coa colaboración da Local que permitiu atopar polo centro da cidade un carriño de bebé que tiña no seu interior diferentes envases de bebidas alcohólicas.

O menor foi localizado preto da Praza Maior, onde estaba coa súa nai e “nunha situación bastante precaria“, detaca o corpo. Por isto mesmo, os axentes procederon a trasladar o neno e a muller ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para verificar o seu estado de saúde. En canto ao pai, outra dotación do operativo localizouno “tamén nun estado de embriaguez elevado”.

Dadas as circunstancias, a Policía buscou a algún familiar que se puidese facer cargo do neno unha vez dado de alta do hospital. Así, foi entregado a unha tía. Por tanto, os axentes procederon á detención dos dous pais por un delito de abandono de menor e á intervención do turismo que utilizaban para desprazarse e, posiblemente, para pasar a noite.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...