InicioEconomíaA delegada do Goberno destaca o "valor social" duns PGE 2023 para...

A delegada do Goberno destaca o “valor social” duns PGE 2023 para Lugo que “avanzan en obras importantes”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou que a partida destinada á provincia lucense para os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) en 2023 está elaborada para “axudar, protexer e avanzar” e que os investimentos en obras “son importantes para dinamizar a economía da provincia”.

Rodríguez sinalou que máis de 100.000 lucenses vanse a beneficiar da revalorización do 8,5% das pensións e que 9.400 veciños da provincia verán aumenta a súa contía do Ingreso Mínimo Vital. Así mesmo, reforzarase a atención primaria aumentando o orzamento 6,7% e aumentarase o número de persoas dependentes que reciben axudas.

A subdelegada lucense incidiu no “compromiso do Goberno en materia de Infraestruturas“, xa que a cifra destinada a avanzar en materia de infraestruturas alcanza os 180,9 millóns de euros, dos cales, o 76% están destinados á modernización do ferrocarril. Ademais, o Goberno investirá 15 millóns de euros para o comezo das obras da Estación Intermodal de Lugo.

Tamén en materia de infraestruturas, o investimento anunciado para estradas do Estado na provincia lucense increméntase un 14,5% con respecto á deste ano, sendo en total de 42,9 millóns de euros. Entre as accións a levar a cabo destinaranse 12 millóns de euros á culminación das obras da A-54 no tramo de Melide a Palas de Rei, así como 2 millóns para a autovía da Mariña, a A-74.

Noutra orde de cousas, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana prevé un investimento de medio millón de euros para actuacións de interese cultural na variante francesa do Camiño de Santiago no seu paso polos municipios da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...