InicioSociedadeEmpresariado de Lugo pedirá ao Papa que interceda contra o veto á...

Empresariado de Lugo pedirá ao Papa que interceda contra o veto á pesca de fondo

O Papa recibirá unha delegación da Confederación de Empresarios de Galicia o vindeiro luns, 17 de outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O empresariado de Lugo pedirá ao Papa que interceda por eles e tamén se sitúe contra a imposición da Unión Europea sobre o veto á pesca de fondo, “sendo os portos de Burela e Celeiro en Viveiro os máis afectados de Galicia”.

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, anunciou que o Papa recibirá unha delegación da Confederación de Empresarios de Galicia, que vai estar encabezada polo presidente Juan Vietes. Tamén confirmou que acudirá el mesmo, ademais de Eduardo Valiña, conselleiro delegado da CEL, Ramón Alonso de Cafés Candeas e José Ángel Penas Peón.

A recepción polo Pontífice no Vaticano producirase o vindeiro luns día 17 de outubro. Jaime López anticipou que lle van pedir ao Papa “moita axuda, que fai falta nestes tempos tan complicados, cunha situación económica complexa”. “Imos pedir o apoio ao empresariado para que sigan existindo iniciativas emprendedoras que xeren escalas de economía e emprego”, subliñou.

O secretario xeral da CEL xa avanza que invocarán “o último golpe que recibiu unha provincia como a de Lugo, que é a prohibición da pesca de fondo”. “Hai moitas familias que viven na Mariña, que dependen desta actividade. Unha cuestión tan irreflexiva como parece que non se toma en base a criterios científicos. Estamos a xerar máis prexuízos a unha provincia como a nosa”, reflexionou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...