InicioSociedadeA subdelegada do Goberno en Lugo destaca o labor dos máis de...

A subdelegada do Goberno en Lugo destaca o labor dos máis de 1.000 axentes da Garda Civil

Isabel Rodríguez indicou que contribúen a "manter o Estado social e democrático de dereito, asegurando o modelo de convivencia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou este mércores, coincidindo coa celebración do Día do Pilar, a contribución dos 1.010 axentes da Garda Civil na provincia que traballan para “manter o Estado social e democrático de dereito, asegurando o modelo de convivencia”.

Na súa intervención, Isabel Rodríguez, eloxiou a especial dedicación e traballo da Garda Civil para defender á cidadanía, sobre todo ás persoas máis vulnerables. “Sodes un exemplo de compromiso e sacrificio, por iso, é de xustiza mostrar o noso recoñecemento a todos os membros da Benemérita”, destacou.

Rodríguez subliñou que, froito do labor de prevención e persecución da criminalidade, a Garda Civil logrou no 2021, último ano con estatísticas, o mérito de esclarecer 1.811 delitos na provincia, un 8,3% máis respecto do ano anterior.

Así mesmo, dentro do Plan de Seguridade Xacobea, a Garda Civil da provincia prestou 10.752 servizos e realizou 414 auxilios a peregrinos. En canto á prevención, a subdelegada explicou que a Garda Civil desenvolve un plan dirixido aos escolares no que, desde o ano pasado, déronse na provincia 319 charlas sobre temas como violencia de xénero ou os riscos das novas tecnoloxías, coa asistencia de máis de 9.300 alumnos.

Ademais, lembrou que este ano a Garda Civil creou o ‘Equipo Arroba’, unha unidade especializada en delitos informáticos para reforzar a loita contra a ciberdelincuencia.

CONDECORACIÓNS

No acto castrense tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o delegado da Xunta, Javier Arias, a deputada provincial, Ana Abelleira, e demais autoridades civís e militares. Nel, foron entregadas as distincións que concedeu este ano a Garda Civil a persoas da provincia.

Deste xeito, foron recoñecidos coa Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo branco o sarxento primeiro, Jesús García; o sarxento José Braña; os cabos Pablo López, Fidel González e Andrés Donate; os gardas Eva Autran, María Belén Louzao, Adolfo Núñez, Juan Anxo Real, Javier Pita, Eloy Carlos González, Manuel Luís Torrón, Santiago Pacios, Juan Antonio Novoa, Sonia Yolanda Santiso, María Teresa Álvarez; o inspector xefe da Policía Nacional, Moisés Múñiz; e o bombeiro Javier Ruíz de Almirón.

Tamén se entregou a Cruz ao mérito militar con distintivo branco ao garda civil Manuel Guerreiro; e a Cruz a constancia no servizo, modalidade ouro, ao garda civil Roberto Rois. Ademais, fíxose unha homenaxe ao garda civil retirado máis veterano da provincia de Lugo, Agustín Pérez, de 95 anos de idade, a quen lle foi entregada unha placa conmemorativa.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...