InicioSociedadeO Concello de Lugo clausura unha atracción do San Froilán por subir...

O Concello de Lugo clausura unha atracción do San Froilán por subir o prezo da entrada

Adrenaline estará pechada durante 24 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo decidiu clausurar durante 24 horas unha atracción en plenas festas de San Froilán por aumentar o prezo de 5 euros ata 6 e 7, a pesar de que non era o prezo fixado, o que contravén a normativa.

Ademais, fontes da Concellaría de Cultura, que dirixe Maite Ferreiro, confirmaron a Europa Press que xunto a esa atracción —Adrenaline–, tamén se pecharán catro postos de venda ambulantes, por non cumprir a normativa de espazos e tras varias advertencias tanto da Policía Local como dos comisarios das festas.

A clausura producirase ás 00,00 horas deste martes e durará toda a xornada deste 11 de outubro, en vésperas do festivo do 12 de outubro, ata cando se prolongan as festas. As mesmas fontes explicaron que se valorou esta medida por encima dunha sanción económica, posto que é “exemplarizante” e consideran que máis efectiva que unha multa.

Maite Ferreiro lembrou este luns que o prego de condicións dos distintos postos do recinto feiral establece a normativa de prezos, que deben estar expostos ao público e non poderán sufrir alteracións durante os días de duración das festas sen previa autorización. Tamén debe incluír o tempo de duración das atraccións, que non poderá ser inferior a dous minutos.

O incumprimento destas normas márcase no prego como sancións graves e recóllese que poden ser sancionadas co peche ou precinto da atracción ou posto por un período non inferior a 24 horas ou a extinción da autorización e / ou con multas de ata 2.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...