InicioCulturaChechu Salgado, protagonista do audiovisual sobre a provincia de Lugo que presentará...

Chechu Salgado, protagonista do audiovisual sobre a provincia de Lugo que presentará a Deputación en Fitur

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informou de que roda estes días o audiovisual sobre a provincia que presentará na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2023 no mes de xaneiro. O actor Chechu Salgado, natural de Sober, é o protagonista desta campaña turística provincial.

Salgado, coñecido por proxectos audiovisuais como As Leis da Fronteira, Fariña ou Patria, entre outros, foi distinguido co Goya ao Mellor Actor revelación neste ano 2022.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou a importancia de contar “cun actor da altura de Chechu Salgado”, que leva, salientou, o nome da provincia “por todo o país”. “Quixemos facer unha campaña dinámica e visual para impulsar a proxección da nosa provincia, cun embaixador de primeiro nivel como Chechu Salgado”, recalcou.

+ posts

ÚLTIMAS

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...