A hostalaría luguesa espera unha ocupación do 100% na fin de semana do San Froilán

Así o manifestou o secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Jacobo García Bobadilla, que destacou que o San Froilán adoita deixar "bos niveis de pernoctación" na cidade.

Arquivo - Varias persoas gozan dunha atracción de feira durante as festas de San Froilán en 2021. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

A hostalaría da cidade de Lugo confía en alcanzar o 100% de ocupación durante o próximo fin de semana, no que arrincan as festas patronais da capital lugesa, o San Froilán.

Así o manifestou o secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Jacobo García Bobadilla, que destacou que o San Froilán adoita deixar “bos niveis de pernoctación” na cidade.

Eses “bos niveis” notaranse “sobre todo a partir o venres” 7 de outubro, “a véspera do domingo das Mozas, porque ao ser o festivo coa ponte é onde se conservan todas as reservas”, manifestou García Bobadilla

Ao coincidir San Froilán entre semana –mércores 5– e ser un festivo local, a afluencia de visitantes de fóra espérase para as xornadas de venres e sábado, nos que “seguramente” se chegue “ao 100%”.

DATOS DE VERÁN

En canto ao “último tramo” do verán e o inicio do outono, Jacobo García Bobadilla sinalou que “está a ser bo porque, sobre todo setembro, retomárono os grupos estranxeiros de peregrinos”, algo que vincula ao Ano Santo.

“Aínda en outubro temos xente que fai o Camiño de Santiago, estamos a ver coreanos, australianos, e iso coincide sempre con Ano Santo”, concluíu o secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo.