InicioPolíticaO Concello de Lugo carga contra a Xunta: "Só pon excusas para...

O Concello de Lugo carga contra a Xunta: “Só pon excusas para non apoiar o San Froilán”

Maite Ferreiro critica que o Goberno da Xunta "deixa a Lugo fóra da programación cultural do Xacobeo durante o San Froilán".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, criticou que o Goberno da Xunta de Galicia “deixa a Lugo fóra da programación cultural do Xacobeo durante o San Froilán”. Ferreiro clasificou como “excusas de mal pagador” o declarado polo Delegado da Xunta de Galicia. 

Así, Ferreiro afirmou que “o Goberno Galego ten que incluír o San Froilán na programación do Xacobeo 2022, con algunha actividade cultural de calidade, do mesmo xeito que fixeron noutras cidades como Ourense, Ferrol ou Vigo”, e lembrou que o Xacobeo conta coa calificación de festa de interese turístico estatal e de festa de interese turístico galego, calificación outorgada pola propia Xunta de Galiza. 

Nesta liña, o Concello de Lugo avanza tamén na posta en marcha dun acordo de colaboración con Barcelona sobre o San Froilán, a cultura e o turismo lucense. A alcaldesa, Lara Méndez, mantivo unha reunión este luns co rexedor do distrito barcelonés de Nou Barris, lugar de residencia de miles de galegos e lucenses afincados na Cidade Condal.

A área de Cultura prepara, de cara ao San Froilán 2022, unha programación diversa e de calidade, con concertos, espectáculos de rúa e  cunha gran presencia do tecido cultural da cidade. Ademais, a nova praza da Mosqueira acollerá este ano un dos escenarios do San Froilán.

ACORDO DE COLABORACIÓN CON BARCELONA

Na liña, o Concello de Lugo avanza na posta en marcha dun acordo de colaboración con Barcelona sobre o San Froilán, a cultura e o turismo lucense. A alcaldesa, Lara Méndez, mantivo unha reunión este luns co rexedor do distrito barcelonés de Nou Barris, lugar de residencia de miles de galegos e lucenses afincados na Cidade Condal.

Neste senso, Méndez lembrou que “dende hai 27 anos, o distrito de Nou Barris acolle unha festa que reúne en comuñón os lucenses que residen na nosa cidade e en Barcelona, e a todos os galegos que marcharon a Cataluña na procura dun futuro mellor; unha cita, polo tanto, para enxalzar os lazos de unión dos dous pobos, ao tempo que se recrea o estilo popular e tradicional do San Froilán na Cidade Condal”.

Esta celebración, promovida pola Asociación Cultural Amigos de San Froilán, naceu no ano 1995 grazas ao esforzo de tres empresarios lucenses residentes en Barcelona e converteuse en cita obrigada no calendario festivo da cidade.

Méndez explicou que durante a reunión “ademais de falar do San Froilán, falamos tamén de proxectos incipientes como o coliving artístico, que promovemos dende o executivo, e co que se podería potenciar a creatividade que hai en Barcelona como cidade cosmopolita, dando lugar a novas ortunidades para artistas e creadores”.

Nou Barris é un distrito de Barcelona situado no extremo norte da cidade, e neste 2022 acollerá a 28 edición do San Froilán catalán, que terá lugar do 7 ao 9 de outubro na Praza Maior de Nou Barris.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O orzamento do Concello de Lugo destina nove millóns de euros a investimentos

O Goberno municipal de Lugo, por medio da alcaldesa socialista, Paula Alvarellos, e o...

Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

'Vos Andares' é unha serie de viaxes sonoras creada por artistas de diferentes ámbitos...

Lugo Monumental denuncia ante a Valedora a venda de falsificacións nos postos de San Froilán

A asociación Lugo Monumental levou ante a Valedora do Pobo a venda de produtos...