InicioEconomíaO Goberno compromete a integración "completa" de Lugo no corredor atlántico

O Goberno compromete a integración “completa” de Lugo no corredor atlántico

Paro de Vera anuncia que o convenio para a intermodal "está practicamente listo para a firma".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, mostrou o compromiso do Goberno centra por realizar unha integración “completa” de Lugo no corredor atlántico. Tras unha reunión coa alcaldesa de Lugo, Pardo de Vera sinalou a este asunto, “que deu moito que falar estes días” e xeroulle, segundo recoñeceu, “certa frustración”.

“As evidencias valen máis que mil palabras. Lugo estivera absolutamente desconectada ferroviariamente e non había trazas de integrala na rede”, advertiu. Fronte a isto, reivindicou as actuacións en marcha, antes de augurar que a integración será un feito, aínda que “producirá molestias” polas obras, de electrificación, supresión de pasos a nivel, etcétera.

Así, apuntou que “desde setembro do ano 21 atópase en execución todo o tramo de Monforte-Lugo“, posto que o Executivo estableceu “un programa de traballos para acabar todos á vez”, coa “concatenación de máis de 70 contratos”. “Temos un investimento de 30,35 millóns e 21 meses de prazo”, lembrou.

A continuación, sobre o tramo Ourense-Monforte, cunha extensión de 46 quilómetros, sinalou que neste caso son 23 os meses dados de prazo. “Todo iso conseguimos incluír a maior parte no plan de recuperación do Goberno”, subliñou.

INTERMODAL

En canto á estación intermodal, Isabel Pardo de Vera adiantou que “o texto está practicamente listo para a firma” e agradeceu “o desbloqueo por todas as partes”. “Foi un convenio complicado e levan moitos anos e por fin puxémonos de acordo. Traballamos man a man o ministerio a través de Adif e o concello. Por fin acordamos a estación de autobuses coa Xunta, co cal procederemos de forma inmediata. O proxecto da estación témolo acabado en Adif, xa o adecuamos ao novo código de edificación”, expuxo.

ALCALDESA

Pola súa banda, a rexedora, Lara Méndez, aproveitou a reunión este venres coa secretaria de estado para reivindicar “a mellora das conexións co resto das capitais galegas”, un obxectivo “irrenunciable” para o executivo local.

Así, fixo fincapé na “necesidade de que Lugo adquira maior protagonismo dentro do mapa ferroviario estatal”, e en concreto na liña do corredor ferroviario de mercadorías Ferrol-A Coruña-Betanzos-Lugo-Monforte, “tendo en conta a creación dos nodos portuarios da Coruña e Ferrol”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...