InicioPolíticaAlbares asegura en Lugo que é "difícil atopar un contexto internacional tan...

Albares asegura en Lugo que é “difícil atopar un contexto internacional tan complexo” como o actual desde o II GM

Critica duramente a Putin pola guerra de Ucraína.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, asegurou este venres en Lugo que é “moi difícil atopar un contexto internacional tan complexo e tan convulso” como o actual desde o II Guerra Mundial. Unha afirmación que lanzou durante unha conferencia celebrada no Gran Hotel de Lugo, no marco do programa ‘Encontros’ que promove o xornal El Progreso.

“Eu creo que é moi difícil atopar, desde o II Guerra Mundial, un contexto internacional tan complexo e tan convulso. Á maior crise sanitaria, que foi a pandemia do Covid 19 con todas susconsecuencias económicas e sociais, a maior crise sanitaria nun século, seguiulle algo impensable que é o retorno da guerra a Europa“, sentenciou.

Unha guerra que trae consigo, engade, unha “crise de refuxiados“, destacando o ministro que “España está a responder con moita solidariedade, con 140 mil refuxiados ucraínos en España”.

Un conflito que tamén “ten as súas consecuencias económicas e enerxéticas, cun crecemento da inflación en todos os países deEuropa e unha incerteza sobre a seguridade enerxética pola chantaxe ao que somete Putin, que non afecta a España que non é dependente do gas ruso e non ten nada que temer”.

“Por suposto que España está disposta a pór a disposición de todos os países europeos a súa enorme capacidade de regasificación“, comprometía.

O titular de exteriores, sobre os avances do exercito ucraíno,puntualizaba que “nos últimos días houbo un avance do exercito ucraniano moi notable”, aínda que cre que non é suficiente para concluír coa invasión rusa. “Recuperáronse cidades moi importantes, víronse desmoronarse en cuestión de horas varias frontes rusas, pero aínda hai que ser moi cautos respecto diso“, subliñou.

Seguidamente José Manuel Albares puntualizou que “Vladimir Putin,desgraciadamente, non deu ningún signo de querer que os seus soldados volvan dentro das fronteiras da Federación Rusa, da que nunca tivieron que saír”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...