InicioSucesosDetido en Portugal o empresario lucense Eloy Castro, prófugo da xustiza por...

Detido en Portugal o empresario lucense Eloy Castro, prófugo da xustiza por estafa

O ministerio fiscal acúsao de enganar unha trintena de clientes na venda de vehículos que carecían das condicións pactadas e que contaban con documentación falsa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía portuguesa detivo o empresario lucense Eloy Castro, que se atopaba prófugo da xustiza por estafa, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press.

O mes pasado foron os axentes da Garda Nacional Republicana quen lle detiveron en Vila do Conde, un distrito do Porto, despois de que a Policía Nacional de Lugo dese co seu paradoiro exacto.

Son máis de dous anos de investigación que se saldan coa detención dun dos estafadores máis perseguidos da capital lucense. Agora, Eloy Castro atópase esperando a ser trasladado á cidade de Lugo.

O empresario, natural da Pontenova, levaba dous anos baixo o foco da seguridade europea tras a ser ditada unha orde de detención e entrega, xa que varias das decenas de condenas por estafa non as cumpriu. Estas condenas derívanse de operacións ilegais que o lucense estaría a levar a cabo en Portugal e Lugo.

Desde hai anos, Castro está pendente tamén de sentar no banco dos acusados para responder polas presuntas estafas que cometeu no multimarca Autocentrum.

A Policía Nacional de Lugo levaba dous anos coa investigación aberta para localizalo. Unha información apuntaba a unha posible visita no verán a Santiago de Compostela pola hospitalización dun familiar. O dispositivo estaba coordinado e preparado para proceder á detención, pero, finalmente, non se trasladou, precisaron as mesmas fontes.

En relación aos feitos que se lle imputan, o ministerio fiscal acúsao de enganar unha trintena de clientes na venda de vehículos que carecían das condicións pactadas e que contaban con documentación falsa. A petición da fiscalía nunha pena de nove anos de prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...