InicioPolíticaO PP de Lugo acusa o Concello de "malgastar" diñeiro no edificio...

O PP de Lugo acusa o Concello de “malgastar” diñeiro no edificio Impulso Verde

O Concello de Lugo lamenta que o PP critique este edificio, "un modelo construtivo polo que aposta a Xunta".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os populares de Lugo acusaron este martes o goberno local de “malgastar máis de tres millóns de euros” no edifio Impulso Verde, situado no Barrio Multiecolóxico do LIFE Lugo + Biodinámico, nas Gándaras.

En concreto, o edil popular Antonio Ameijide cre que se están “malgastando os fondos europeos” e que “con esa escusa” están a facerse investimentos “completamente inútiles que acabarán sendo custeadas polos lucenses”.

O edificio Impulso Verde, construído con madeira de piñeiro e lousa, ten un custo de algo máis de tres millóns de euros, procedentes de Fondos Europeos. Algo máis de dous millóns destináronse ao deseño e execución do proxecto, algo máis de 700.000 “aos 74 hortos urbanos que se van a realizar nas inmediacións” e uns 40.000 “a un xardín vertical de algo máis de 40 metros cadrados”.

Ameijide móstrase asombrado polo elevado custo destes “caprichos de nova rica da rexedora local” e engade que “calquera que saiba un pouco de hortos se dará conta que pagar 10.000 euros por cada un é un auténtico despropósito”.

Desde a bancada popular de Lugo ponse o foco en dúas cuestións que, por agora, aseguran, o goberno local non respondeu. A primeira delas é que “aínda que este tres millóns de euros os poñan desde Europa, quen vai custear os gastos que se deriven desta estrutura?”, pregúntanse.

A segunda das denuncias populares é a ausencia de respostas en canto ao futuro uso da construción. Ameijide insiste en saber “para que quere Lara Méndez este rebautizado como Inútil Verde”, algo ao que, aseguran, non hai resposta.

RESPOSTA DO CONCELLO DE LUGO

O Concello de Lugo saíu ao paso das críticas do PP sobre o Impulso Verde, un edificio que terá usos administrativos, expositivos e acollerá un coworking de empresas vinculadas coa sustentabilidade. “É dicir, ten usos claros e definidos, como debería saber o PP,  xa que se lles explicou en todas as comisións onde preguntaron”, apuntou o Concello, que lamenta que os populares “mintan de maneira reiterada, faltando o respecto cara á cidadanía”.

Así mesmo, a través dun comunicado, o Concello lamentou que o PP considere “un malgasto” unha estratexia de sustentabilidade que o goberno local desenvolve da man do Campus Terra da USC para impulsar edificacións máis sustentables, “utilizando os recursos naturais de Galicia e impulsando o sector forestal, clave en Lugo”.

Ademais, considera unha “mágoa” que o PP estea “instalado na crítica”, a pesar de que a Xunta acaba de anunciar, precisamente, axudas para impulsar o uso da madeira no ámbito da construción, mesmo con promocións públicas do Goberno galego. Así as cousas, o goberno local lamenta que o PP de Lugo sexa a “única organización” que non solicitase coñecer o edificio, que está a recibir visitas de estudantes e de profesionais de toda Europa.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...