Home Lugo e contorna Alertan de que haberá que abonar unha indemnización millonaria ao promotor das torres do Garañón

Alertan de que haberá que abonar unha indemnización millonaria ao promotor das torres do Garañón

0
Alertan de que haberá que abonar unha indemnización millonaria ao promotor das torres do Garañón
Edificio O Garañón, en Lugo / EUROPA PRESS - Arquivo

A asociación ecoloxista Adega alertou da indemnización millonaria que o Concello de Lugo se verá obrigado a abonar ao promotor das torres do Garañón, na cidade de Lugo, aos pés do parque Rosalía de Castro, urbanización que foi paralizada e investigada pola xustiza.

Aínda permanece o esqueleto das devanditas torres que miran cara ao río Miño desde o parque da cidade de Lugo. Esta semana, o Concello emprazaba o construtor a que presente un proxecto de demolición no prazo de dous meses. Se non actúa, así o Consistorio asumirá subsidiariamente a derriba.

Un dos portavoces de Adega, Froilán Pallín, asegurou que isto “é a constatación dun feito, de como non se debe de proceder e é consecuencia dunha política urbanística onde falta profesionalidade e falta rigor”. “Froito desa irresponsabilidade e de non escoitar, ao final os cidadáns pagan. Agora ordénase derrubar e o Concello terá que indemnizar”, protestou.

Pallín sentenciou que, “evidentemente, o problema do urbanismo na cidade de Lugo é un problema dunha concepción e aprobación dun plan xeral (de ordenación municipal) para unha cidade de 300.000 habitantes”. “En 15 ou 20 anos prevía (a PXOM) chegar a eses 300.000 habitantes e probablemente non se pase dos 100.000”, apuntou.

Finalmente, vaticinou que as obras que se levan a cabo, actualmente, en Carril das Flores, fronte á porta de San Pedro e fronte á muralla romana de Lugo, acabará como “o segundo Garañón”. Estes traballos foron denunciados ante o Tribunal Supremo.

+ posts