InicioEconomíaLugo, ateigado xa por milleiros de turistas que queren gozar do Arde...

Lugo, ateigado xa por milleiros de turistas que queren gozar do Arde Lucus

Lara Méndes asegura que se superarán as previsións de anos anteriores polas "ganas" da xente de volver gozar da festa tras a pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Milleiros de persoas gozan do Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade de Lugo, que espera superar o número de visitantes de anos anteriores. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou que “hai unhas ganas de recuperar a normalidade, de recuperar os espazos de socialización que nos arrebatou a pandemia” nos dous últimos anos.

“Recuperamos o esplendor do Arde Lucus nesta 21 edición despois de dous anos sen celebrarse”, presumiu Méndez despois dun primeiro día onde se deixou notar a avalancha de xente a falta de como veña o fin de semana.

A rexedora destacou que este xoves pasado, cando arrincou a celebración, “a cidade estaba a lume de carozo, con esa ocupación na hostalaría que se ve reflectida na rúa”. “Vemos que hai unhas ganas enormes de facer esa viaxe no tempo”, resaltou. Un aspecto que enxalza radica na “gran afluencia” de público, “maior que outros anos”, afirmou, na entrada das tropas romanas na cidade de Lugo desde o barrio da Ponte na xornada deste xoves e que supuña o pistoletazo de saída da festa de recreación histórica.

Sobre este fin de semana, a alcaldesa de Lugo vaticina que se pode pasar a “cifra de anos anteriores á pandemia por esas ganas de gozar do Arde Lucus e de gozar da rúa“. “O tempo vai acompañar e xa se ve moita xente pola rúa e nos campamentos”, comentou, nos 19 que se estenden pola cidade e que se corresponden coas asociacións que promoven esta festa, con máis de 400 actividades ata o domingo.

O Concello envorcarase, trasladou Méndez, en conseguir que o Arde Lucus sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional, unha celebración que alcanza xa o cento por cento de ocupación hoteleira na cidade das murallas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...