InicioMedioambiente e PatrimonioProtexen un niño de falcón peregrino localizado no centro de Lugo

Protexen un niño de falcón peregrino localizado no centro de Lugo

Esta ave está catalogada como unha especie silvestre en réxime de protección especial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes ambientais dependentes da Xunta de Galicia precintaron un niño de falcón peregrino localizado na cidade de Lugo para evitar que o proceso natural de cría se poida ver alterado ou prexudicado por factores externos. Para este fin, a Xunta comunicou que se procedeu a precintar os accesos ao niño, no que os axentes contabilizaron un total de catro ovos e que ao estar situado e a rolda do Carme, en pleno centro urbano, se atopaba exposto ao paso de veciñanza.

Así mesmo, a administración autonómica sinalou que o obxectivo da medida adoptada polos axentes é protexer o niño e impedir así que a xente poida acceder a el e garantir deste xeito que se complete o proceso de cría sen que nada altere a tranquilidade nin dos ovos nin do exemplar que adoita aniñar todos os anos na mesma zona.

O falcón peregrino está catalogado como unha especie silvestre en réxime de protección especial, unha lista na que se inclúen “aquelas poboacións merecedoras dunha atención e protección particular”, así como “aquelas que figuren como protexidas en directivas e convenios internacionais ratificados por España”.

Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, lembrou que intervencións deste tipo forman parte do traballo de seguimento e control sobre a fauna silvestre que corresponde aos axentes facultativos da Consellería, cuxa misión consiste en garantir o cumprimento da lexislación vixente respecto de todas aquelas materias que poidan afectar ou incidir sobre o medio natural.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...