InicioEconomíaSancionadas Lactalis, Leite Río e Celega por contratos "irregulares" na recollida do...

Sancionadas Lactalis, Leite Río e Celega por contratos “irregulares” na recollida do leite

Os incumprimentos refírense á cláusula dos custos de produción e a ter realizado modificacións no prezo pactado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Axencia de Información e Control Alimentarios vén de sancionar tres empresas que recollen leite en Galicia por irregularidades nos seus contratos. En concreto, as industrias ás que o organismo público dependente do Ministerio de Agricultura lles abriu expediente son Lactalis, Leite Río e Celega.

As multas parten das denuncias presentadas no ano 2020 pola asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla ao detectar que os contratos de compra do leite a produtores non cumprían co estipulado na lexislación ao efecto.  En concreto, a Aica dá a razón a Agromuralla en canto a que os contratos presentados por Lactalis, Leite Río e Celega “non inclúen os extremos que como mínimo deben conter os contratos alimentarios”, en concreto, o precepto 23.1.b) da Ley 12/2013 da Cadea Alimentaria.

No caso de Celega, a maiores, a infracción ten que ver con “realizar modificacións no prezo incluído no contrato que non estean expresamente pactadas polas partes”, segundo se detalla nunha comunicación que vén de recibir Agromuralla por parte da Axencia encargada de vixiar o cumprimento da legalidade en materia agroalimentaria.

“VIXIANTES”

A través dun comunicado, Agromuralla mostra a súa satisfacción pola actuación do organismo dependente do Ministerio de Agricultura, a quen pide, con todo, “que actúe de oficio vixiando o cumprimento da lei e en defensa dos dereitos dos produtores, sen que teñan que ser os propios gandeiros os que se vexan obrigados a denunciar, tendo que enfrontarse ás empresas que lles recollen o leite”.

A asociación anuncia que se manterá “vixiante” e levará ante a Aica “todas aquelas situacións que vulneren a normativa e supoñan un motivo claro de indefensión para os produtores”. “Non imos tolerar ningún abuso por parte das industrias. Nunha situación de custos disparados de produción como o actual é esixible o cumprimento estrito da Lei da Cadea, que establece que o prezo pagado debe cubrir eses custos de produción”, conclúe Agromuralla.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...