InicioSucesosCondenan a tres anos de cárcere a un acusado de vender droga...

Condenan a tres anos de cárcere a un acusado de vender droga no seu domicilio

O tribunal asegura que, aínda que o acusado era consumidor esporádico de drogas, esa condición non afectou na comisión dos feitos polos que foi condenado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 4.367 euros a un home que vendía sustancias estupefacientes no seu domicilio.

Segundo a sentenza difundida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en xuño de 2020 o acusado forneceu drogas a tres persoas, polo que o xulgado autorizou, uns días despois, a entrada e rexistro da súa vivenda.

Nela interveuse droga, sustancias habitualmente utilizadas para o seu corte e efectos que utilizaba para a súa actividade delituosa, así como 1.790 euros en efectivo.

O valor no mercado ilícito da sustancia aprehendida polos axentes ascende, segundo o fallo, a 4.367 euros. O tribunal asegura que, aínda que o acusado era consumidor esporádico de drogas, esa condición non afectou na comisión dos feitos polos que foi condenado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...