InicioSociedade'Por Lugo, vai en bus': a campaña para animar a veciñanza a...

‘Por Lugo, vai en bus’: a campaña para animar a veciñanza a usar o transporte público

O portal de información en tempo real do servizo de bus urbano permite "saber en directo canto falta para que o bus chegue á súa parada". 

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, presentou a campaña Por Lugo, vai en Bus, coa que o Goberno de Lugo pretende fomentar o uso do bus urbano entre a veciñanza. Arroxo explicou que “con esta campaña animamos ás veciñas e veciños de Lugo a que utilice o bus, e aproveite todas as facilidades que o transporte público amosa fronte ao vehículo privado”.

“O bus urbano permite reducir as emisións contaminantes, ademais de aumentar a seguridade viaria ao ter menos vehículos circulando polas rúas, e permite chegar antes ao destino ao non termos que buscar aparcamento”, afirmou Arroxo. A campaña Por Lugo, vai en Bus, comezará coa colocación de imaxes promocionais da campaña nos buses e nas paradas.

Rubén Arroxo destacou as distintas facilidades postas en marcha para que a veciñanza teña información sobre a situación da rede de transporte público. O portal de información en tempo real do servizo de bus urbano, urbanoslugo.com, permite “saber en directo canto falta para que o bus chegue á súa parada”. O Servizo conta coa información en tempo real de 275 paradas, “a totalidade das paradas da zona urbana, as máis concurridas do servizo de transporte público”, explicou o Tenente Alcalde.

A través desta web, a veciñanza pode obter toda a información relativa ao bus urbano, como o mapa de liñas, información sobre as tarifas ou sobre a tarxeta cidadá. Rubén Arroxo destacou que “continuamos a mellorar o bus urbano de Lugo, que co novo modelo permite que practicamente toda a veciñanza de Lugo teña conexión directa co HULA ou coas áreas industriais”. A web únese ás 23 pantallas colocadas nas principais pantallas.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...