InicioLugo e contornaLugoLocalizan en Miranda do Ebro á lucense desaparecida xunto cos seus tres...

Localizan en Miranda do Ebro á lucense desaparecida xunto cos seus tres fillos

A desaparición fora denunciada pola nai da muller.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional localizou en Miranda do Ebro a unha muller e o seu tres fillos cuxa desaparición fora denunciada pola avoa, que vinculaba o suceso coa exparella da súa filla, sobre a que pesaba unha orde de afastamento. Segundo o portavoz da comisaría de Lugo, Manuel Arias, a denuncia foi presentada o pasado venres, día 11 de marzo, e “temíase que podía estar involucrada a exparella da filla, que contaba cunha orde de afastamento”.

Ese mesmo día iniciouse unha investigación e o propio venres deuse co paradoiro da nai e os fillos. “Estaban os cinco xuntos, a parella e os tres fillos”, sinala o subinspector lucense. Segundo o relato de Arias, “a parella pensaba que a orde de afastamento non estaba vixente”, á vez que deslizaba que a “marcha foi voluntaria, aínda que a orde si que estaba en vigor”.

Os cinco membros desta familia foron localizados en Miranda de Ebro. No lugar, a policía, a instancias da comisaría de Lugo, procedeu á detención do home “por quebrantamento da orde de afastamento e foi posto a disposición xudicial”. A muller non presentou “ningún tipo de denuncia e quedou resolto o caso porque a marcha foi voluntaria e o único que houbo foi o incumprimento desa orde de afastamento”, puntualizou finalmente o portavoz policial. Arias descoñece si a familia segue en Miranda de Ebro, para repor, seguidamente, que son “libres” de estar en calquera lugar mesmo poderían estar de volta en Lugo.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...