InicioSociedadeTres lucenses colaboran co traslado a Madrid de case 100 persoas ucraínas

Tres lucenses colaboran co traslado a Madrid de case 100 persoas ucraínas

Partiron en avión o venres, 4 de marzo, ata Cracovia. Agora atópanse en Francia e contan con chegar á capital do Estado de madrugada, entre as 3,00 e as 4,00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un matrimonio de fisioterapeutas de Lugo e un amigo deles colaboraron no traslado desde Cracovia, en Polonia, de 98 persoas refuxiadas ucraínas que quedarán en Madrid con familias de acollida. Este tres lucenses partiron en avión o venres 4 de marzo ata Cracovia e agora atópanse en Francia e contan con chegar a Madrid de madrugada, entre as 3,00 e as 4,00 horas.

Un deles, Joaquín Múñoz constatou que había “un día e medio” que saíran de Polonia, en dous autobuses nos que van 47 e 51 ucraínos en senllos autocares. Dos que viaxan con eles “non hai ningún home novo de máis de 15 anos”. “Eles quedaron a combater e o que traemos son moitos nenos, nais“, explicaron, ademais de xente maior.

Son persoas que “deixaron alí todo, que escaparon co posto e son familias que xa foron acollidas durante o nadal ou durante o verán”. Isto fai que “o tema administrativo xa estea xestionado”, comentaron, e cando cheguen a Madrid “irán coas súas familias de acollida que xa están asignadas”.

Joaquín Múñoz precisou que eles colaboraron como voluntarios dunha ONG que fretou os dous autobuses “a través dunha empresa de Sevilla”. De Lugo concretou que participan tres persoas, el e a súa muller, que tamén é fisioterapeuta, e un amigo que se uniu a eles nesta “aventura”. En principio a idea era ir en “furgonetas”, aínda que valoraron que desde Lugo serían “uns 3.500 quilómetros, tardaríase tres días en ir e outro tres días en volver”.

Por iso colleron un avión, “plantáronse” en Cracovia e acabaron colaborando con esa ONG que deixará as persoas en Madrid. Os tres amigos de Lugo volverán este martes á cidade desde a capital do Estado.

ÚLTIMAS

O Goberno financia con case un millón de euros a reforma integral do Concello de Vilalba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes Vilalba para supervisar,...

O PP pedirá a reprobación de Tomé nos plenos da Deputación e dos concellos de Lugo e Monforte

O Partido Popular de Lugo anunciou que nos próximos plenos da Deputación de Lugo,...

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu nun armario

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que...

Vilalba vive unha Feira do Capón multitudinaria pese ao frío

Máis de mil persoas participaron este domingo en Vilalba nunha nova edición da Feira...