InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo valora alugar pisos para cederllos a refuxiados ucraínos

O Concello de Lugo valora alugar pisos para cederllos a refuxiados ucraínos

O consistorio dispón, polo momento, de tres vivendas, pero valorará ampliar a dotación segundo evolucione o movemento poboacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo dispón de tres pisos para acoller refuxiados ucraínos que fuxan da guerra, á vez que explorará a posibilidade de captar pisos de aluguer que abonaría o consistorio para estas persoas. “Temos tres pisos de emerxencia e acollida que puxemos a disposición e estudamos o aluguer porque evidentemente se poida dar que veñan máis persoas que medios propios temos”, sinalou a rexedora luguesa, Lara Méndez, en declaracións aos medios nun acto celebrado este xoves.

A alcaldesa apostou por “articular instrumentos e canles para tentar dar resposta a estas persoas, a estas familias que o están pasando tremendamente mal, nunha situación tremendamente inxusta que non se tería que dar”. “Os que ocupamos cargos públicos facémolo para mellorar e transformar as sociedades, nunca con este sentido, nin con este fin de tentar colonizar polo feito de ter poder”, reprochou en alusión ao Goberno ruso.

A alcaldesa de Lugo lamentou que “fracasase a vía diplomática, a vía do diálogo e do entendemento”. “Temos que actuar e témolo que facer desde a responsabilidade, entendendo que quen sofre estas consecuencias son persoas, familias, nenos, pais e avós que se están vendo obrigados a deixar o seu fogar e o seu país porque teñen que escoller entre vivir e morrer”, sentenciou. Méndez confirmou finalmente que o Concello de Lugo púxose a “disposición” do goberno central e da Xunta para xestionar a chegada de refuxiados.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Rescatan un condutor atrapado no seu vehículo tras envorcar en Lugo

Os bombeiros de Lugo rescataron a un condutor que quedou atrapado no interior do...