InicioLugo e contornaLugoA acusación particular defende a prisión permanente revisable para Ana Sandamil

A acusación particular defende a prisión permanente revisable para Ana Sandamil

A sentenza polo crime de Desirée Leal poderíase demorar un mes, apuntan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado da Fundación Amigos de Galicia, Pablo Lago, que levou a acusación popular no xuízo contra Ana Sandamil, declarada culpable polo xurado popular polo asasinato da súa filla Desirée en maio de 2019 en Muimenta, espera que a sentenza se poida demorar un mes. Con todo, defende que se lle impoña por este crime a prisión permanente revisable.

Lago advertiu que ve “complicado” que o fallo da xuíza se dea “nun curto prazo de tempo”. Ademais, este letrado apuntou que “é un procedemento no que se expuxeron moitas probas, foi complexo, duro e moi intenso”. “Entendo que no prazo dun mes, desde que se deu o veredicto, sería un tempo prudencial”, abundou.

No entanto, sinalou que tamén a sentenza podería estar “en menos tempo, xa que a xuíza estivo en todo momento pendente da proba e anotando cada unha das circunstancias que se foron dando na vista”. “Un mes sería un prazo prudencial”, incidiu. Paco Lago mostrouse convencido de que finalmente Ana Sandamil será condenada á prisión permanente revisable, petición que trasladaban todas as acusacións; Fiscalía e acusación particular tamén.

“NON HAI OUTRA OPCIÓN”

En canto á máxima pena reiterou que “non hai outra opción, non hai outra alternativa tendo en conta os feitos que se declararon probados e que foron obxecto do veredicto do xurado”. Paco Lago considera que se non se decreta prisión permanente revisable, podería ser condenada a entre 25 e 30 anos polo crime de Desirée.  O pasado martes o xurado declarou na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo culpable, coa unanimidade dos nove membros, á nai da pequena de sete anos que foi achada morta na casa da proxenitoria en Muimenta.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...