InicioLugo e contornaLugoLugo descende en casos activos pero suma tres hospitalizados

Lugo descende en casos activos pero suma tres hospitalizados

Con todo, a área lucense segue á cola de Galicia en presión hospitalaria, só por diante de Ferrol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de covid-19 continúan en descenso en Galicia, con 2.144 casos novos nas últimas 24 horas (735 menos), así como as infeccións activas, con case 4.000 infectados menos (42.211 en total). A presión hospitalaria, con todo, rexistra un lixeiro repunte, con nove hospitalizados máis. A taxa de positividade de PCR descende ata o 13,82%.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este domingo, solicitados ata as 18,00 horas do sábado, e recollidos por Europa Press, hai na Comunidade 641 hospitalizados con covid-19, nove máis que na xornada anterior. Deles, 596 están en unidades convencionais e 45 permanecen en UCI.

Por áreas sanitarias, a carga asistencial sobe en catro das sete, mentres que descende na da Coruña, con 155 pacientes en planta (-3), e 13 en UCI (-1); na de Pontevedra, con 89 ingresados en unidades convencionais (sen cambios), pero cinco en críticos (-1); e na de Santiago, con 82 hospitalizados en planta (-10) e sete en UCI (sen cambios). Por outra banda, en Ourense son 107 as persoas hospitalizadas en planta (+11) e seis en UCI (sen cambios); Ferrol conta con 37 ingresados en unidades convencionais (+4) e unha en UCI (sen cambios); en Vigo hai 77 en planta (+6) e oito en críticos (sen cambios). Lugo mantense á cola –só por diante de Ferrol– con 49 ingresados en unidades convencionais (+3) e cinco en críticos (sen cambios).

NOVOS CONTAXIOS E INFECCIÓNS ACTIVAS

No que respecta aos novos contaxios, na última xornada detectáronse 2.144 casos, 735 menos que na xornada anterior (2.879), co que continúa a tendencia á baixa marcada nos últimos días. Deles, Vigo é a área que máis novos contaxios concentra, 463; seguida da da Coruña, con 452. Santiago contabiliza 373 contaxios máis; Lugo, 249; Pontevedra, 229; Ourense, 225; e Ferrol, 132.

Con respecto ao número de persoas que actualmente teñen a infección, son 3.825 menos que na xornada anterior. Así, actualmente hai en Galicia 42.211 persoas coa infección activa fronte ás 46.036 do sábado e as 48.835 do venres. As novas infeccións descenden en todos os distritos sanitarios. Así, Ourense conta con 4.232 casos activos (-391); A Coruña, 9.121 (-754); Pontevedra presenta 4.630 (-304); Ferrol, 2.085 (-130); Santiago, 7.664 (-683); Lugo, 4.415 (-405) e Vigo conta con 9.706 casos activos (-1.179). Ademais, segundo o informe actualizado este venres polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia sitúase en 2.091,41, mentres que a media nacional está en 1.461,71.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...