InicioLugo e contornaLugoUnha sala de escapismo para reivindicar á muller científica en Lugo

Unha sala de escapismo para reivindicar á muller científica en Lugo

O Concello abre a porta a reservas con grupos de até dez persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha sala de escapismo para reivindicar a igualdade entre sexos? Esa é a proposta do Concello de Lugo, que vén de anunciar a actividade como forma de celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora cada ano o 11 de febreiro. “Esta será a primeira actividade ao redor de diversas datas significativas dentro do calendario feminista que a Concellería prevé celebrar ao longo do ano e que dará a coñecer nos vindeiros días”, destacan.

As ‘escape rooms’ son unha forma de ocio en auxe dende hai uns anos que se configuran como unha sorte de labirinto, cheo de pistas e pasadizos, do que os participantes deben escapar antes de que remate o tempo. No caso da proposta lucense, a sala de escapismo manterase ao longo da semana do 7 ao 12 de febreiro na Casa da Xuventude.

Así o subliñaron dende o Concello despois de poñerse en contacto cos distintos centros educativos do municipio para convidalos a asistir a esta actividade, onde o alumnado participante “terá a ocasión de descubrir ou recordar que mulleres e nenas desempeñan un papel fundamental na comunidade científica e que a súa presenza debe fortalecerse”.

Segundo destacan, haberá dúas sesións todos os días en xornada de mañá, reservadas para o alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO dos centros educativos do municipio, ás 11:00 e ás 12:30 horas, e outras dúas en xornada de tarde, ás 18:00 e ás 20:00 horas, dirixidas a público familiar e xeral. O sábado todas as sesións están abertas a este público. A reserva farase por rigorosa orde de inscrición no enderezo electrónico igualdade@lugo.gal e os grupos poderán ser dun máximo de 10 persoas por sesión.

“Trátase dun tipo de actividade moi ben acollida polo público mozo que mestura matices lúdicos e educativos para que as nosas rapazas e rapaces comproben que existen referentes importantes de mulleres na ciencia, tanto as esquecidas no pasado como as moi presentes no ámbito científico e académico hoxe en día”, concluíu a concelleira Silvia Alonso.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...