InicioAncaresTomé anima aos concellos a solicitar os fondos europeos para conservación de...

Tomé anima aos concellos a solicitar os fondos europeos para conservación de reservas da biosfera

A Administración autonómica repartirá os 6,5 millóns de euros que recibirá da UE para a conservación e promoción das Reservas da Biosfera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, animou aos concellos da provincia que se asintan en zonas declaradas como Reservas da Biosfera a presentar as súas solicitudes para recibir os fondos europeos que proximamente recibirá Galicia para a conservación e impulso destes espazos.

Este martes, o mandatario provincial participou nun encontro con representantes de concellos e entidades que forman parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Terras do Miño e Os Ancares, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

Durante o acto, Tomé e outros membros do goberno provincial trasladaron as características, condicións e requisitos necesarios para concorrer á liña de subvencións que convocará a Administración autonómica para repartir os 6,5 millóns de euros que recibirá da UE para a conservación e promoción das Reservas da Biosfera. Alí, o presidente provincial e alcalde de Monforte puxo o acento na importancia de “captar a maior cantidade posible de recursos europeos” para “seguir impulsando o desenvolvemento sustentable a nivel social e económico” das áreas declaradas Reservas da Biosfera.

“Para nós, é fundamental que os fondos que chegan de Europa a través do Goberno do Estado se invistan no territorio, sobre todo no rural, porque só así serán realmente eficaces”, manifestou Tomé, que lembrou que as axudas están vinculadas a obxectivos e actuacións de conservación da biodiversidade e os recursos naturais.

Segundo detalla a Deputación provincial luguesa, os concellos incluídos no ámbito territorial das Reservas da Biosfera galegas poderán optar a axudas de entre 40.000 e 80.000 euros, mentres que outras entidades como como as comunidades de montes veciñais en man común, asociacións ambientalistas, ONGs ou entidades de custodia do territorio, contarán con achegas de 10.000 a 25.000 euros.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...