InicioLugo e contornaLugoO xulgado chama a declarar ao mozos lucenses que loitaron con coitelos...

O xulgado chama a declarar ao mozos lucenses que loitaron con coitelos na rúa

Terán que comparecer semanalmente nas salas da capital provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo dá por pechada a investigación sobre a pelexa multitudinaria ocorrida na madrugada do 22 ao 23 de xaneiro na zona vella da cidade, na rúa Catedral, e os catro detidos que pasaron a disposición xudicial quedaron libres, aínda que deberán comparecer semanalmente.

O resultado da investigación concluíu con cinco detencións, dous membros dun grupo e outros tres mozos que participaron ese día ata en tres pelexas. Un dos arrestados quedou libre en sede policial. Segundo confirmaron fontes xudiciais, catro dos implicados pasaron a disposición do xulgado de instrución 2 de Lugo, que acordou a súa posta en liberdade, investigados por un delito de lesións agravadas por uso de arma branca. Ademais, deberán comparecer semanalmente nos xulgados.

Segundo fontes policiais, ese mesmo día eses dous grupos interviñan en varias rifas, nunha das cales un resultaba acoitelado e precisaba asistencia no HULA. Esa mesma madrugada era detido o agredido que, xunto con outro mozo, encerellouse cos outros tres mozos, que chegaron a portar coitelos. Un deles feriu á vítima e, esa mesma noite, outras dúas persoas resultaban feridas, un que acabou “inconsciente” e outro que resultou con “unha rotura de nocello”. Así mesmo, a Policía Nacional identificou a outras persoas como testemuñas da pelexa multitudinaria, na que se produciu unha avalancha de golpes e tamén uso de coitelos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...