InicioLugo e contornaLugoA Deputación fai balance "positivo" de Fitur fronte ás críticas do PP

A Deputación fai balance “positivo” de Fitur fronte ás críticas do PP

"Tivemos a mellor proxección posible", valorou Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, fixo este martes, previamente á celebración dun pleno provincial, un balance “positivo” da presenza da provincia lucense na feira de turismo Fitur, celebrada a semana pasada en Madrid, porque supuxo unha “proxección da provincia moi importante”.

Tomei considera que esta presenza “foi positiva para a provincia, cunha presentación da política de turismo da Deputación no pavillón de Tour España que permitiu unha proxección moi grande, tanto dentro do país como fose porque se estaba transmitindo a través de streaming para todo o mundo”. “Tivemos a mellor proxección posible”, presumiu.

Tamén puxo especial relevo na presenza de cineastas, aos que agradeceu “a súa presenza alí, como Suso López de Vaca Films ou doutros directores que non puideron estar alí porque estaban a rodar como Dani da Torre ou Oliver Laxe”. “A proxección da provincia en Fitur foi moi importante, cunha proxección nacional e internacional tamén que posiblemente desde outros ámbitos non poderiamos darlle”, sentenciou.

“NEFASTA”

Con todo, este “balance” non o compartiu o portavoz do PP na Deputación de Lugo, Javier Castiñeira, que cualificou de “nefasta” a política de turismo do goberno provincial. Castiñeira tachou de “fracaso” a presenza da Deputación en Fitur, polo que “o PP entende que hai que volver á senda de Turismo de Galicia e non como está a facer o BNG (socio de goberno cos socialistas) que pretendía romper co Xacobeo e o propio partido socialista que pretende romper con Turismo de Galicia”. “Hai que volver á senda e crear un plan de turismo que se enfoque para os próximos anos con certas garantías”, reivindicou finalmente o portavoz provincial dos populares.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...