InicioLugo e contornaLugoTome opta á reelección no PSOE lucense con máis de 600 avais...

Tome opta á reelección no PSOE lucense con máis de 600 avais presentados

Enfrontarase ao alcalde de Castroverde, Xosé María Arias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, reivindicou a súa “experiencia política”, tanto orgánica como institucional, ao realizar a entrega de máis de 600 avais “de todas as comarcas” para formalizar a súa candidatura a liderar o PSdeG-PSOE lucense.

Tomei acudiu este domingo á sede galega do partido, en Santiago de Compostela, acompañado de dous membros do seu goberno na Deputación, Pilar García Porto e Pablo Rivera. As máis de 600 firmas recollidas supoñen máis do dobre para poder concorrer nestas primarias que se celebrarán o 30 de xaneiro. Á parte de Tomé, xa se postulou o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias.

En declaracións aos medios, o presidente da Deputación explicou que se presenta para “trasladar ao conxunto do partido” a súa “experiencia política, que xa empeza a ser dilatada tanto no ámbito orgánico como no institucional”. Nas súas palabras, o PSdeG-PSOE de Lugo “xa está en boa posición”, xa que as súas alcaldías –incluída a da capital– gobernan a “preto do 70 por cento da poboación” da provincia.

“Iso querémolo consolidar e alcanzar outras alcaldías”, engadiu, xa que “cando ao Partido Socialista lle vai ben, aos lucenses vailles ben”. Tomé quere un partido “forte, unido e integrador, que garanta o intercambio de ideas e de comunicación entre a militancia”. Neste sentido, dixo que é “unha satisfacción comprobar que moitos compañeiros e compañeiras de toda a provincia o entenden así” e decidiran darlle o seu aval.

O presidente provincial fixo un chamamento á participación neste proceso que concluirá o 30 tras unha campaña que arrincará o día 15, unha vez queden proclamadas oficialmente as candidaturas.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...